VALENTE

VALENTE


Ángel, coñecido na miña aldea como Valente, é un home do que ninguén sabe nada da súa vida persoal. Só se sabe que de pequeno ocorreu algo que cambiou a súa vida por completo.

Cando Valente era tan só un neno tivo un accidente e acabou queimándose. Estaba unha tarde de inverno xogando co balón cos seus amigos cando tropezou e ceu no lume, o que fixo que e queimara medio corpo e quedase totalmente xordo. Isto provocou que os seus pais e amigos non o aceptaran e tamén que caese nunha depresión que lle dura dende pequeno ata agora, xa que quedar xordo a tan pouca idade fixo que non se sentise ben consigo mesmo.

Agora, ninguén sabe nada de Valente, tan só que pasa todas as tardes bebendo viño. Ao longo destes anos, a xente da aldea fómonos encariñando con el, por que intenta axudar e colaborar en todo o que pode, o que provoca que el se sinta mellor e os veciños estean agradecidos.




Comentarios